Fracture chega ás tendas españolas

venres, 10 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Nas tendas de videoxogos españolas por fin se pode atopar o xogo de acción Fracture para as consolas Xbox 360 e PlayStation 3, de xeito que os afeccionados aos shooters atoparán neste novo título de LucasArts e Day 1 Studios unha fonte de diversión que sitúa ao xogador na pel de Jet Brody, un soldado da Alianza Atlántica que participa nunha futurista guerra civil provocada polo uso da cibernética apoiado por diverso armamento entre o que destaca a tecnoloxía de deformación do terreo.
Durante o xogo poderase elevar o terreo para chegar a lugares illados ou afundir o chan para descubrir entradas ocultas. Toda unha innovación para este tipo de xogos, que é de agraceder. Este título tamén está totalmente dobrado ao español e conta cun modo multixogador en liña para 12 persoas no que se poderá tirar proveito das modificacións do terreo como barreira ou outros usos que melloran a experiencia de xogo comparándoa con outros títulos anteriores.

PUBLICIDADE