Fujifilm lanzará en setembro unha cámara fotográfica estereoscópica
luns, 13 de xullo do 2009
Fujifilm finalmente data
para setembro o lanzamento da súa cámara FinePix Real 3D, modelo con 2 lentes
xemelgas que permitirÃan a captura de imaxes estereoscópicas e que terá
un prezo estimado de 600 dólares (430 euros).
Esta nova cámara xa conta
con prototipos dende hai máis dun ano, e as imaxes captadas poderán
reproducirse en impresións cun plástico lenticular especial ou en marcos
dixitais estereoscópicos, polo que nun primeiro momento non parece unha
tecnoloxÃa apta para calquera uso.
Fujifilm pretende lanzar un servizo de impresión de fotografÃas 3D, aÃnda que
buscar un prezo un prezo atractivo é todo un reto, pois dende a compañÃa nipona
son conscientes de que non
funcionará se cobran máis de 500 iens (3,8 euros) por fotografÃa.
Polo momento non coñecemos detalles como a resolución das imaxes 3D nin da
posibilidade de gravar vÃdeo tridimensional con esta cámara, pero distintos
fabricantes están a traballar xa na posibilidade de comercializar videocámaras
3D ante unha posible explosión desta tecnoloxÃa grazas aos avances en pantallas
e soportes de alta definición, que poderÃan facer que unha tecnoloxÃa que este
ano vai ser toda unha revolución nos cines de todo o mundo convértase nun
complemento ideal para os salóns multimedia.
- Prototipo da cámara estereoscópica de Fujifilm que poderÃa chegar ao mercado en setembro