Fujifilm presenta unha cámara sen espello de grande formato

xoves, 23 de maio do 2019 Marcus Fernández

Dende Fujifilm presenta hoxe a impresionante cámara dixital sen espello GFX100 que destaca por incorporar un sensor de grande formato de 102 Mpíxeles e cun diámetro aproximado de 55 milímetros, de xeito que converterase no novo modelo emblemático da familia de cámaras sen espello GFX. Ao contar cun sensor de 43,8 x 32,9 milímetros goza dunha área 1,7 veces maior que a dun sensor de fotograma completo de 35 milímetros, o que permítelle captar imaxes coa máxima calidade.
A GFX100 presenta un sensor retroiluminado con píxeles de detección de fase e co obxectivo GF63mmF2.8 consegue un enfoque o dobre de rápido que o de modelos GFX anteriores e un enfoque automático continuo máis preciso. Como punto diferencial neste formato tamén inclúe estabilización de imaxe no corpo (IBIS), o que permítelle unha estabilización de imaxe de 5 eixes, conseguindo así grandes imaxes incluso con cámara en man, así como gravación de vídeo en ultra alta definición.
Para completar o produto temos que está fabricando nun corpo de aliaxe de magnesio resistente ao po e ás inclemencias meteorolóxicas, é lixeiro e robusto e integra empuñadura vertical. O visor electrónico da cámara ten unha impresionante resolución de 5,76 Mpíxeles, destacando por poder extraerse e inclinarse; na traseira da cámara hai unha pantalla táctil LCD de 3,2 polgadas de 2,36 Mpíxeles que pode inclinarse en tres direccións; e a cámara tamén inclúe pequenas pantallas LCD nas partes superior e traseira para amosar información de utilidade.
Sen dúbida, un produto impresionante que sairá á venda no mes de xuño, e que nalgunhas tendas norteamericanas adiantan que custará 9.999 dólares.

Un dos vídeos promocionals da Fujifilm GFX100

PUBLICIDADE