Fujitsu opta por AMD nun dos seus tablets con Windows 8
martes, 23 de outubro do 2012
Continuamos a coñecer novos produtos que se sitúan na liña
de saÃda de cara ao lanzamento de Windows 8 o vindeiro venres, e dentro dos
tablets que van ver a luz co noso sistema operativo de Microsoft destaca o Stylistic
Q572 de Fujitsu por fuxir de procesadores ARM e Intel, e optar por un AMD
Z-60, que acompañado pola súa pantalla IPS de 10,1 polgadas cunha resolución de
1.366 x 768 pÃxeles e unha completa conectividade pode chegar como unha
solución máis para poder gozar dun Windows 8 completo en formato tablet.
Este equipo vén con 4 Gb de RAM, gráfica AMD Radeon HD 6250, pode configurase
con unidades de disco de entre 64 e 256 Gb, inclúe webcam e cámara traseira de
5 MpÃxeles, 1 porto USB 2.0, 1 porto USB 3.0, 1 porto HDMI, un conector para
unha base, espazo para unha tarxeta SIM (no modelo con banda larga móbil),
lector de tarxetas de memoria, 2 micrófonos, 2 altofalantes, tomas para
auriculares e micrófono externos, Wi-Fi de dobre banda, Gigabit Ethernet,
Bluetooth, baterÃa cunha autonomÃa dunhas 7 horas, un grosor de 13,9 milÃmetros
e un peso de 820 gramos.
Queda por ver se o procesador AMD integrado é capaz de achegar a autonomÃa
prometida, pois é unha das principais eivas dos procesadores dese fabricante,
mentres que os de Intel teñen demostrada a súa solvencia en contornos móbiles.
Polo momento non coñecemos cando chegará este equipo a Europa, pero no Xapón xa anunciaron
que estará á venda a finais de novembro por 90.800 iens (875,53 euros).