Funda con teclado e touchpad para o BlackBerry PlayBook

martes, 13 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O tablet BlackBerry PlayBook é un dos meirandes fracasos dos últimos meses, en boa medida porque o seu software chegou nun estado moi inmaduro e o seu prezo inicial era moi elevado, pero agora que está dispoñible o PlayBook OS 2.0 gaña certo atractivo, e para melloralo chega agora un accesorio, o BlackBerry Mini Keyboard, unha combinación de teclado Bluetooth con touchpad multi-táctil e funda, que permite transformar o tablet de RIM nunha especie de ordenador portátil. Está previsto a súa venda nos EE.UU. a partir do día 23 a un prezo de 119,99 dólares.
Este tipo de solución xa leva tempo comercializándose para o iPad de Apple, e dista bastante da solución adoptada por Asus cos seus tablets da serie Transformer, que empregan o teclado externo como base de conexión, ampliando conectividade e autonomía, polo que a solución de RIM, pese a resultar interesante, non parece estar á altura do que fan os seus competidores, e a súa utilidade parece reducida ao uso de escritorios remotos tal e como propoñen no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE