Funda para cámaras compactas que tamén fai de trípode

venres, 24 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Na tenda británica Firebox venden unha curiosa funda para cámaras fotográficas dixitais que se pode converter nun trípode de xeito doado, facilitando a toma de instantáneas en grupo valéndonos do temporizador, e sen ter que facernos cargar cun mini-trípode, que habitualmente ocupa case tanto como as cámaras compactas actuais.
O Wrap-up Tripod se vende por 19,95 libras esterlinas (25,30 euros) e se utiliza enganchando a funda de neopreno á torca inferior da nosa cámara, de xeito que ao abrir a mesma podemos despregar uns pés de tamaño reducido que sosteñen a cámara verticalmente. Este orixinal trípode é axustable e permite estabilizar a cámara para disparos programados, e nos aforra cargar con accesorios adicionais, resultando unha solución cómoda e elegante que serve para cámaras compactas que no midan máis de 2,5 centímetros de ancho. As dimensións da funda son de 22,6 x 11,9 x 0,3 centímetros, mentres que o trípode integrado mide aproximadamente 9 x 1,9 x 0,5 centímetros.

PUBLICIDADE