Funda que converte o iPod Touch nun teléfono móbil
mércores, 13 de outubro do 2010
Os usuarios que
conten cun iPod Touch e que queiran aproveitar o trebello para realizar
chamadas telefónicas coma se tivesen un iPhone pode actualizar o seu terminal cunha funda chamada Peel 520,
que está á venda en DealExtreme por 89,80 dólares (64,93 euros) e que
incorpora unha baterÃa recargable de 1.200 mAh (permitindo unhas 5 horas de conversa), un módulo 3G e unha fenda para
unha tarxeta SIM.
Para poder converter o iPod Touch nun teléfono é preciso que o terminal teña
feito o jailbreak, pois o dispositivo
fÃsico complétase cunha aplicación informática non aprobada por Apple (de xeito
que hai que instalala a través do xestor de aplicacións Cydia) e que permite
tanto a realización de chamadas como a xestión de mensaxes de texto.
AÃnda que esta solución é totalmente anti-estética, hai que recoñecer que
economicamente pode saÃr moi a conta, pois un iPhone 4 libre con 32 Gb de
capacidade custa 699 euros, mentres que un iPod Touch de 32 Gb ten un prezo de
299 euros, polo que co Peel 520 sairÃa case á metade de prezo.
Proba de funcionamento da funda Peel 520 nun iPod Touch
- A funda Peel 520 incrementa considerablemente o tamaño e o peso do iPod Touch, pois mide 12 x 6,6 x 1,5 centÃmetros e pesa 41 gramos