Futuros auriculares Bluetooth de Philips

xoves, 19 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Phlips presentou o deseño do que serán os seus auriculares SHB7110, non só servirían para escoitar música a través de Bluetooth, senón que tamén agocharían no seu interior un micrófono para funcionar coma mans libres telefónico, permitindo atender as nosas chamadas cun simple toque mentres estamos a escoitar música.
Os auriculares incorporan unha interface táctil xestual para controlar o volume e mesmo permiten devolver o control dunha chamada ao noso móbil con só quitalos das orellas. Estes auriculares contan cuns altofalantes de 8,6 milímetros cun rango de resposta de 20 a 20.000 Hz, teñen unha autonomía de 7 horas en uso e 150 en espera, un diámetro de 3,65 centímetros e un peso de 24 gramos; como case único defecto estaría o feito de que o par de auriculares vai unido por un cable (o que non os libera totalmente dos fíos).
Polo momento non están á venda, polo que queda pendente coñecer a súa data de lanzamento e prezo final.

PUBLICIDADE