GPS con indicacións sobre vÃdeo en tempo real
luns, 1 de setembro do 2008
- O novo navegador fai máis doado manter a atención na estrada mentres consultamos a información en pantalla
Nos últimos meses
os navegadores GPS están a avanzar de xeito impresionante con funcións como a incorporación de imaxes reais,
pero ás que Blaupunkt parece querer dar unha perspectiva moi diferente, xa que
o seu TravelPilot
700 destaca por presentar as indicacións
de navegación sobre imaxes en vÃdeo en tempo real, ou sexa, que
capta cunha cámara o que acontece na estrada e presenta sobre as imaxes a
información gráfica de xeito que mirar ao GPS non supón unha distracción da
condución.
Este novo navegador non só nos indicará con frechas cara a onde debemos xirar
para chegar ao noso destino, senón que tamén nos informará da velocidade máxima
á que podemos circular (e mesmo é capaz de recoñecer os sinais de tráfico para
indicar a velocidade de cada tramo).
Para rematar de pechar o produto, Blaupunkt tamén lle incorporou Wi-Fi (polo
que se pode empregar para acceder á Rede), Bluetooth (para dispositivos de mans
libres ou para reproducir música dende o móbil ou un reprodutor multimedia) e
sintonizador de TDT. Todas estas prestacións fai que o dispositivo que vai
comezar a venderse este mes custe algo
máis de 500 euros.
Demostración do funcionamento do TravelPilot 700 de Blaupunkt