Galicia encabezará o Plan tecnolóxico estatal para a modernización da Xustiza

xoves, 31 de xaneiro do 2013 Redacción

Feijoo explicando o acordo de colaboración co Ministerio de Industria tras o Consello da Xunta

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, explicou hoxe que Galicia liderará o Plan tecnolóxico estatal para a modernización da Xustiza a través dun acordo de colaboración entre os gobernos autonómico e estatal dotado con 5 millóns de euros (4 achegados por Red.es e 1 pola Xunta) de investimento ata o ano 2015, e que esta mañá aprobouse no Consello da Xunta, encontro tras o que o presidente explicou aos medios que trátase dun programa piloto que poderase estender ao resto do Estado e que permitirá completar “o programa informático do expediente xudicial electrónico, da tramitación telemática, dos distintos sistemas informáticos e da co oficializade lingúística”.
Feijoo salientou que a elección de Galicia para liderar este proxecto foi posible grazas á experiencia en tal ámbito e á capacidade técnica da AMTEGA para poder executalo. O acordo que asinarán entre a Consellería de Presidencia e AMTEGA co Ministerio de Industria e Red.es enmarcarase na Axenda Dixital 2014.gal que busca a modernización tecnolóxica de distintos ámbitos administrados dende a nosa comunidade, como a sanidade, a educación e a xustiza.

PUBLICIDADE