Gametrak Freedom: o mando con sensores de movemento para a Xbox 360 e a PS3

mércores, 17 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O mando da Wii supuxo toda unha revolución para o mundo do lecer electrónico, e In2Games quere levar a mesma experiencia de xogo á PS3 e á Xbox 360, polo que anunciou que en 2009 venderá o Gametrak Freedom, un mando con sensores de movemento que emprega dúas barras con sensores para conectar á consola por USB (o que sería o equivalente á motion bar de Nintendo) e o mando en si mesmo, que integra acelerómetros de 3 eixes e tecnoloxía de radiofrecuencia e frecuencias ultrasónicas para capturar a posición do controlador sen apuntar necesariamente á pantalla.
O Gametrak Freedom promete unha precisión moito maior á do mando básico da Wii (que se poderá mellorar en breve cun accesorio) aínda que queda por ver cal será a reacción do sector, pois para que un dispositivo deste tipo trunfe precisa de xogos que tiren proveito do mesmo.

PUBLICIDADE