Garmin Oregon 550t: GPS para exploradores
xoves, 7 de maio do 2009
Os afeccionados a
botarse ao monte para explorar poden contar agora con dous novos receptores
de GPS de Garmin, modelo Orengon 550 e 550t, que integran unha
cámara dixital de 3,2 MpÃxeles, o que facilita que tomemos instantáneas nos
lugares que visitemos de xeito que estas fotografÃas quedarán xeolocalizadas
(elemento que aproveitan cada vez máis plataformas).
Para cumprir ben con seu obxectivo, estes trebellos son resistentes á auga e inclúen
compás de 3 eixes. Miden 5,8 x 11,4 x 3,5 centÃmetros, pesan 193 gramos, a súa
autonomÃa é dunhas 16 horas, contan cunha memoria interna de 850 Mbytes
ampliable mediante tarxetas microSD e os
seus prezos serán duns 500 e 550 euros, de xeito que o modelo máis
avanzado (o 550t)
inclúe coma elemento diferenzador os mapas topográficos con elevación de toda
Europa.
Estes dispositivos GPS teñen unha pantalla táctil de 3 polgadas cunha
resolución de 240 x 400 pÃxeles e lexible en ambientes con moita luz. Amais,
poden utilizándose de xeito personalizado baixo 5 perfÃs: automóbil, mariño,
lecer, fitness e geocaching.