Genius quere librar os ratos sen fíos das pilas

xoves, 19 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Genius vén de anunciar o primeiro rato informático sen fíos que non precisa pilas que pode cargarse en só 3 minutos grazas a unha capacitancia de outro que soportaría 100.000 recargas o que suporía unha importante redución de refugallos fronte ao uso de pilas ordinarias.
O Genius DX-ECO BlueEye Mouse é compatible con PC e Mac, e supón non só un maior respecto á natureza, senón tamén unha comodidade para o usuario, que non ten que andar pendente de mudar as pilas do rato que comunícase co ordenador a través dun pequeno receptor USB que opera na banda dos 2,4 GHz.
O rato ten un deseño ergonómico que inclúe botón para axustar a resolución entre 800 e 1.600 dpi, roda de desprazamento, botóns para moverse entre as páxinas anterior e seguinte, Flying Scroll (para desprazarse por páxinas web e documentos en varias direccións sen facer uso da roda de desprazamento) e sensor BlueEye que facilita que poida funcionar sobre numerosas superficies sen precisar dunha alfombrilla especial. Está dispoñible nos EE.UU. a un prezo de 39,99 dólares (30,83 euros).

PUBLICIDADE