Gigabyte presenta unha SSD de 32 TB e até 28 GB/s

martes, 6 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Dende Gigabyte quixeron levar as unidades de almacenamento SSD a un novo nivel a anunciaron a unidade Aorus Xtreme Gen4 AIC SSD que integra 8 unidades SSD M.2 NVMe PCIe 4.0 de 4 TB manexadas por unha controladora Phison PS5018 E18, e así conseguir unha unidade de até 32 TB de capacidade que leva ao límite a velocidade da súa tecnoloxía para o que tamén conta cun par de ventiladores que garanten o seu bo rendemento.
Esta impresionante unidade consegue unha velocidade de transferencia de 28 GB/s, achegándose moito ao máximo teórico de 32 GB/s das rañuras PCIe 4.0 x16, converténdose nunha solución moi atractiva para equipos que precisan combinar grandes velocidades con grandes capacidades, superando a calquera outra solución de consumo actual. Falta por saberse o prezo e a data de lanzamento deste produto de prestacións tan elevadas.

PUBLICIDADE