GlassUp: unhas lentes de realidade aumentada que custarán só 299 euros
luns, 11 de marzo do 2013
Moito está a dar que falar o proxecto de lentes de realidade
aumentada de Google, pero existen iniciativas moito máis modestas, con
obxectivos a un prazo mais curto e prezos máis asumibles como GlassUp, que consiste nuns lentes que integran
un proxector cunha resolución de 320 x 240 pÃxeles no que poderÃa amosarse
información de Facebook, Twitter, o correo electrónico ou as mensaxes de texto
que cheguen ao noso móbil, co que se comunicarÃa a través de Bluetooth 4 ou
3.1, e que ten xa aberto o seu proceso
de reserva, tendo fixado como prezo 299 euros e data de lanzamento o mes de
setembro. O mes que vén está previsto que tamén capte financiamento a través de
Kickstarter.
AÃnda que inicialmente o produto estea destinado a usar con móbiles con iOS e
Android, os seus responsables aseguran
ter a intención de facelo funcionar tamén con Windows Phone, intencións que
resultan moi prometedoras, pois non estariamos ante unha solución excesivamente
atada a unha plataforma móbil.
Esta solución de realidade aumentada pretende ser lixeira e cómoda, utiliza
unha tecnoloxÃa que aseguran que non fatigará a vista, será doada de utilizar e
incluso poderá adaptarse
a lentes graduadas. Un dos grandes retos que terá que superar este proxecto
para facerse realidade será o conseguir cartos para atender a súa demanda inicial,
pois actualmente corre o risco de morrer de éxito, xa que cos pedidos iniciais estiman unhas vendas de 1
millón de unidades nun ano, o que nun principio é unha boa nova, pero iso
supón que teñen que arrincar con varios millóns de dólares só para asumir os
custos de produción das primeiras lentes.