GoPro renova a súas cámaras deportivas

martes, 1 de outubro do 2013 Marcus Fernández

As cámaras deportivas líderes do mercado renóvanse hoxe, e xa están dispoñibles as novas GoPro HERO3+, que presentan un deseño un 20% máis pequeno e lixeiro e unha autonomía un 30% superior, mellorando tamén as ópticas e estreando un novo modo de captura de vídeo.
O modelo básico das novas cámaras sería a HERO3+ Silver Edition, capaz de gravar vídeo ata a 1.080p a 60 cadros por segundo (contando tamén cun modo de 720p a 120 cadros por segundo) e disparar fotografías de 10 Mpíxeles a refoladas de 10 imaxes por segundo, integra Wi-Fi e un prezo de 349 euros; mentres que a HERO3+ Black Edition mellora a gravación de vídeo ata soportar o 4K, dispara fotografías de 12 Mpíxeles (ata 30 por segundo), integra Wi-Fi (incluíndo mando a distancia con esta tecnoloxía) e o seu prezo é de 449 euros.

PUBLICIDADE