Google estrea a súa plataforma de xogo na nube
martes, 19 de novembro do 2019
Finalmente hoxe
botou a andar o servizo de xogo na nube de Google, Stadia, en primicia para
subscritores da súa modalidade de pagamento, cun
catálogo inicial de 22 xogos, e cun inicio que moitos consideran decepcionante
xa que tras un pagamento inicial de 129 euros para poder gozar de 3 meses de
servizo recÃbese o acceso a unha beta dun servizo que tardará meses en
ter todas as súas funcionalidades dispoñibles.
O prezo que se paga actualmente por Stadia Pro inclúe os xogos Destiny 2
e Samurai Shodown, pero polo resto de tÃtulos hai que pagar o seu prezo
completo (aÃnda que con algún tÃtulo dispoñible con desconto até o 2 de
decembro) como é Assassin’s Creed Odyssey por 69,99 euros, RAGE 2
ou Shadow of the Tomb Raider por 59,99 euros ou NBA 2K20 por
49,99 euros, o que pode resultar bastante difÃcil de xustificar nun momento do
ano no que temos unha sucesións de campañas de rebaixas nas tendas de
videoxogos nos que a meirande parte dos tÃtulos poderán conseguirse por menos
da metade do prezo de Stadia nas súas versións para PC, Xbox One ou PS4.
Cómpre salientar que aÃnda que Stadia Pro promete diferenciarse do servizo de
balde por ofrecer gráficos 4K a 60 imaxes por segundo con HDR e son 5.1 (mentres
que Stadia Base limitarÃase a Full HD en estéreo), as
probas realizadas por Digital Foundry confirmarÃan que a promesa de que
Stadia ten máis potencia que unha Xbox One X e una PS4 Pro xuntas está moi
lonxe de cumprirse, e incluso quedarÃa bastante por detrás da Xbox One X tanto
en latencia como en calidade gráfica. Xogos como Destiny 2, Mortal
Kombat 11 ou Shadow of the Tomb Raider terÃan entre 44 e 56
milisegundos de latencia máis en Stadia que en Xbox One X, o que non farÃa que
a experiencia fose inxogable (aÃnda que no caso de Mortal Kombat 11
que a Xbox teña só 78 milisegundos de latencia e Stadia 122 milisegundos resulta
complicado facer balance, xa que temos o xogo de Stadia con menor latencia,
pero tamén con maior distancia relativa con respecto a unha consola
tradicional).
Pero en resolución Stadia si parece lonxe de cumprir o prometido, e aseguran
que Shadow of the Tomb Raider non corre en 4K, senón en Full HD reescalado;
Red Dead Redemption 2 funcionarÃa a 1440p a 30 imaxes por segundo e cunha
imaxes máis comprimida do desexable (polo que non acadarÃa nivel de calidade
que poderÃa considerarse esixible); e Destiny 2 tamén terÃa unha
calidade de imaxe bastante superior en Xbox One X; aÃnda que o que si apuntan é
que en Stadia non hai que padecer os longos tempos de carga das versións de consola,
polo que a vantaxe algo que si é moi interesante dos xogos na nube é precisamente
a redución dos tempos de carga e a erradicación dos tempos de esperar por mor
dos procesos de descarga, instalación e actualización, que nas consolas da
presente xeración son realmente molestos.
Tráiler de lanzamento de Google Stadia