Google lanza un adaptador Ethernet para Chromecast
mércores, 8 de xullo do 2015
O Chromecast, grazas ao seu potencial e ao seu prezo
axustado, conseguiu converterse nun accesorio de grande sona para levar
contidos da Rede ao televisor, pero en moitos contornos domésticos ten un
grande problema por culpa da súa dependencia da conectividade Wi-Fi, que non
sempre é todo o boa que debera alà onde está o noso televisor, e pensando niso
na tenda en liña de Google veñen de introducir un adaptador
Ethernet para Chromecast, que nos EE.UU. apareceu a un prezo de 15 dólares,
e que é de agardar que en breve estea tamén dispoñible dende España.
Esta solución é moi doada de instalar, xa que consiste nun adaptador de
corrente USB para alimentar o Chromecast que integra unha toma Fast Ethernet na
que colocar un cable dende o noso router ou de calquera outra toma da nosa rede
local (por exemplo, un extensor PLC ou un receptor de televisión por cable con
toma de rede de datos) de xeito que o Chromecast xa terÃa conexión á Rede aÃnda
que o sinal Wi-Fi chegase con pouca potencia.
- O adaptador de corrente inclúe unha toma Fast Ethernet para que o Chromecast poida acceder á Rede aÃnda que conte cunha mala cobertura de Wi-Fi