Google renova o seu Nexus 7
mércores, 24 de xullo do 2013
- Na presentación desta tarde repasaron as posibilidades do novo Nexus 7
Google anunciou hoxe unha revisión do seu tablet de
referencia, o Nexus 7, que chegará
ao mercado estadounidense o vindeiro 30 de xullo para chegar poucas semanas a
unha pequena selección de paÃses entre os que figura España, e que terá prezos
de 229 dólares para o modelo con Wi-Fi e 16 Gb de capacidade, de 269 dólares
para o modelo de 32 Gb con Wi-Fi e de 349 dólares para o modelo de 32 Gb con
Wi-Fi e LTE.
O novo tablet fabricado por Asus é moi semellante ao seu predecesor, estando o
seu principal cambio na súa pantalla de 7 polgadas, que agora adopta unha
resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles (323 puntos por polgada) converténdoo non
dispositivo no que a lectura resulta moi agradable, á vez que permite gozar de
contidos multimedia Full HD sen perder calidade.
Entre as súas melloras está a
incorporación de altofalantes estéreo (en vez de mono), un potente procesador
Qualcomm Snapdragon S4 Pro a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, dobre cámara (agora ten unha
cámara traseira de 5 MpÃxeles e outra frontal de 1,2 MpÃxeles) e a posibilidade
de facer mirroring cunha pantalla
externa a través dunha saÃda SlimPort. Pese a incorporar máis prestacións, o
novo modelo é máis lixeiro e delgado (pesará entre 290 e 299 gramos e o seu
grosor será de 8,65 milÃmetros). A súa baterÃa de 3.950 mAh poderá cargarse sen
fÃos, integra Bluetooth, NFC e Wi-Fi N de dobre banda e GPS, converténdose unha
vez máis no referente no seu tamaño e deixando en evidencia ao iPad mini,
dispositivo que deberÃa mellorar en breve a súa pantalla para non quedar
eclipsado por dispositivos máis potentes, máis versátiles e máis baratos.
VÃdeo promocional do novo Nexus 7