Gravity Rush estrea remasterización para PS4
mércores, 3 de febreiro do 2016
Tras converterse nun dos tÃtulos máis salientables do pobre
catálogo da PlayStation Vita, Gravity
Rush chegou hoxe á PlayStation 4 nunha versión
remasterizada que poder adquirirse por 29,99 euros e que lévanos
a unha incrible aventura na que desafiaremos as leis da natureza cun misterioso
felino negro aos pés e a forza da gravidade nas mans, para descubrir o pasado
esquecido da protagonista e salvar unha grande cidade flotante dunha destrutiva
tormenta de gravidade.
Esta revisión do xogo non só mellorou os gráficos para adaptarse ás
posibilidades da PS4, senón que tamén aproveita as posibilidades do sensor de
movemento do mando DualShock 4; e como vén a ser habitual nas revisións de xogos
que chegan meses despois da entrega orixinal, Gravity Rush Remastered conta tamén cos contidos descargables que
foron saÃndo para a versión de PS Vita.
Un xogo moi recomendable para os afeccionados aos videoxogos que non tiveran
unha PS Vita e que non queiran deixar pasar a oportunidade de gozar do que
podemos chamar un clásico moderno sen
medo a errar.
- Gravity Rush ofrece unha proposta xogable orixinal que fixo que este tÃtulo pasase a considerarse un dos mellores xogos para PS Vita de xeito instantáneo
Tráiler de lanzamento de Gravity Rush Remastered