Guacamelee! chegará este ano a PlayStation 4
luns, 10 de marzo do 2014
O mes pasado o xogo independente Guacamelee! conseguiu certa relevancia por encabezar o Humble
Indie Bundle 11, e agora anuncia que o equipo de DrinkBox non
estaba precisamente quieto mentres o seu xogo chega a centos de milleiros de
novos usuarios, senón que estaba
a traballar en levar o seu grande éxito á PlayStation 4 nunha versión do
xogo que leva por sobrenome Super Turbo
Championship Edition.
O xogo de plataformas no que un loitador deberá empregar os poderes dunha
máscara para enfrontarse a un exército de non-mortos, cunha ambientación
mexicana e moito humor, sométese agora a unha renovación que suporá a
incorporación de novos poderes (como INTENSO para incrementar temporalmente o
dano e a velocidade), unha nova clase de inimigos (Elite), ampliouse a historia
de Juan e puliuse o sistema de xogo, facendo que o xogo poida chegar este ano á
PS4 coa cabeza ben alta.
Un dos novos niveis que teremos na versión para PS4 de Guacamelee!