Guillerme Vázquez acada os 5.000 amigos en Facebook

martes, 24 de agosto do 2010 Raquel Noya

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, vén de acadar os 5.000 amigos no seu perfil de Facebook nun tempo de pouco máis de dous meses dende que estreou a conta.
O líder do BNG está presente nesta rede social dende o pasado 2 de xuño e acadou a cifra límite de amigos e amigas permitida no facebook neste mes de agosto.
En vista do éxito acadado en tan escaso período de tempo, a presenza do portavoz nacional nas redes sociais reforzarase en datas vindeiras, segundo informan dende o partido, “cunha páxina en facebook que permitirá a adhesión de seareiros”.

PUBLICIDADE