Guitar Hero: Aerosmith anunciado para o mes de xuño
venres, 15 de febreiro do 2008
A saga de videoxogos Guitar Hero chegará á súa 5ª entrega da man do grupo musical
integrado por Steve Tyler, Joe Perry, Brad Whitford, Tom Hamilton e Joey
Kramer, que terán asà o seu propio videoxogo dentro deste xénero musical que
permite que os seguidores dunha das bandas de rock máis importantes dos EE.UU.
repasen os seus grandes éxitos.
Guitar Hero: Aerosmith
sairá no mes de xuño e xa se pode reservar en varias tendas en liña
norteamericanas. Para celebrar o futuro xogo, os
usuarios de Guitar Hero III poderán
descargar de balde o tema Dream On
entre os dÃas 16 e 18.
Os xogos de Guitar Hero normalmente
inclúen unha selección de temas de distintos grupos, pero a variedade de temas
de Aerosmith, que van dende a balada Don’t
Want to Miss A Thing ata a cañeira Love
in an Elevator, permitirán que os usuarios non se aburran aÃnda que non
sexan os máis fieis seguidores da banda que vendeu máis de 150 millóns de
discos en todo o mundo.
Neversoft desenvolverá as versións de Xbox 360 e PS3 do xogo, Vicarious Visions
traballará na versión para Nintendo Wii e Budcat fará o propio coa entrega para
PS2.