Guitar Masters, o Guitar Hero vía web

luns, 17 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Os afeccionados ó Guitar Hero en consolas de videoxogo poden tamén satisfacer as súas ansias de xogo dende o seu navegador de Internet grazas a Guitar Masters, un xogo en Flash que permite simular o popular xogo de Harmonix dende o teclado do ordenador (que se pode agarrar de xeito normal ou en modo rockeiro).
O xogo parte con 2 cancións e 2 guitarras, e se vai ampliando a oferta segundo imos mellorando a nosa técnica e, aínda que non conta con temas musicais atractivos coma os do Guitar Hero, supón unha interesante alternativa para ocupar tempos mortos diante do noso ordenador.

PUBLICIDADE