HCL lanzará o ultraportátil con Windows máis barato ata o momento

xoves, 17 de abril do 2008 Marcus Fernández

A meirande parte dos ultraportátiles de baixo custo funcionan baixo Linux, e algúns modelos teñan Windows XP coma opción, pero dende a India o fabricante HCL aposta por esta última configuración para presentar o que podería ser o ultraportátil con Windows máis barato ata o momento, o MiLeap H, que cunha pantalla táctil de 7 polgadas, un procesador Intel, 1 Gb de RAM, un disco duro de 30 Gb, unha webcam de 1,3 Mpíxeles, Ethernet, Wi-Fi e Windows XP Home se venderá por só 16.990 rupias (266,65 euros).
O HCL MiLeap H tamén ten un peso moi lixeiro (0,98 quilogramos) polo que será un interesante competidor no crecente mercado dos nettops, aínda que non sabemos se chegará a venderse fóra da India.

PUBLICIDADE