HP anuncia un rato Wi-Fi
xoves, 12 de maio do 2011
HP vén de anunciar
un novo rato informático sen fÃos que presume de ser o
primeiro do mercado en conectarse a través de Wi-Fi, de xeito que non
precisa nin dun receptor USB nin de Bluetooth, prometendo unha autonomÃa de 9
meses, o que superarÃa sobradamente á meirande parte de ratos sen fÃos á venda.
Dende HP aseguran que este novo rato é doado de configurar en portátiles con
Windows 7, opera a 10 metros de distancia, ten un deseño ambidextro, opera a
unha resolución de entre 1.200 e 1.600 dpi, conta con 5 botóns personalizables
e unha roda de desprazamento de catro direccións. Chegará ás tendas norteamericanas
en xuño a un prezo de 49,99 dólares e xa conta cun vÃdeo promocional: