HP estrea 5 novos equipos con procesadores Ivy Bridge

mércores, 25 de abril do 2012 Marcus Fernández

HP está a ampliar o seu catálogo de ordenadores de escritorio, incorporando 5 novos modelos que funcionan coa 3ª xeración de procesadores de catro núcleos de Intel, coñecida comunmente como Ivy Bridge, que ofrecen un desenvolvemento que pode ata dobrar á xeración anterior na reprodución de gráficos 3D e contidos en alta definición, á vez que tamén integran medidas contra o malware grazas ás tecnoloxías Intel Secure Key e Intel OS Guard.
Os novos equipos de HP serían os seguintes: o HP Omni 220qd (todo-en-un de deseño delgado e cun prezo duns 999 dólares), o HP Omni 27qd (o primeiro todo-en-un de HP con pantalla de 27 polgadas que parte de prezos de 1.199,99 dólares), o HP TouchSmart 520xt (para usuarios que buscan unha boa experiencia táctil e multimedia, con prezos que parten dos 999,99 dólares), o HP Pavilion HPE h8t/h8xt (cun deseño simple e con modelos que soportan ata 3 pantallas con prezos que de 699,99/799,99 dólares) e o HP Pavilion HPE h9t Phoenix (o Pavilion máis potente ata o momento, capaz de correr con facilidade aplicacións de edición de vídeo e xogos con prezos que parten dos 1.149,99 dólares).

PUBLICIDADE