HP integra tapa na webcam dos novos Elitebook
mércores, 7 de febreiro do 2018
HP está a renovar a súa gama de portátiles HP Elitebook
serie 800, concretamente os modelos 830, 840 e 850, que non se limitan a incorporar
os últimos procesadores Intel Core de 8ª xeración, senón que inclúen
tamén micrófonos a ambos lados do equipo (para poder recoller a voz de
varios participantes nunha conversa ou para cancelar ruÃdo no caso de operar en
modo individual) e tamén unha
pequena fiestra para a webcam, de xeito que os usuarios máis desconfiados
poden tapar fisicamente a cámara o equipo se temen ser espiados.
Estes equipos tamén inclúen a aplicación PhoneWise, que permite recibir
notificacións de teléfonos Android e iOS no ordenador; asà como o software Sure
Click que protexe aos equipos ante o malware
illando os contidos da web do equipo informático.
Os HP Elitebook 830, 840 e 850 chegarÃan con pantallas de 13, 14 e 15 polgadas
respectivamente, con distintas resolucións (até Full HD o 830 e até 4K os
restantes) e opción táctil, aÃnda que neste último caso non poderÃa contarse
coa fiestra de protección da webcam por falta de espazo. Estes portátiles
sairán á venda este mesmo mes a un prezo que nos EE.UU. parte dos 1.029 dólares.