HP presenta un novo todo-en-un con pantalla táctil, touchpad e NFC
luns, 10 de setembro do 2012
Os equipos todo-en-un de HP con pantalla táctil levan xa un
tempo no mercado, e é de agardar que coa chegada de Windows 8 tomen certa
relevancia, de aà que renovasen esta gama
de produtos coa incorporación de 4 novos equipos entre os que destaca un
que está fóra das liñas Envy e Pavillion, o HP
Spectre One, que conta cunha pantalla táctil de 23,6 polgadas, procesador
ivy Bridge de última xeración, gráfica nVIDIA, ata 8 Gb de RAM, entrada HDMI
(para poder empregar a pantalla como monitor externo, por exemplo, para
conectar un portátil ou unha consola de videoxogos), disco duro ou SSD, Wi-Fi N,
Gigabit Ethernet, 2 portos USB 2.0, 2 portos USB 3.0 e un par de detalles
rechamantes: incluÃr un touchpad de
grande tamaño en vez dun rato e integrar NFC (o que pode aproveitarse para
programar accións especÃficas mediante etiquetas NFC e para comunicarse cos
numerosos dispositivos NFC que se agardan para os vindeiros meses).
Este interesante ordenador chegará ás tendas no mes de novembro, pouco despois
da estrea oficial de Windows 8, a
un prezo que nos EE.UU. parte dos 1.299 dólares.
- O HP Spectre One ten unha aparencia moi elegante