HTC estrea no Xapón o primeiro smartphone con pantalla Full HD de 5 polgadas
mércores, 17 de outubro do 2012
HTC non quere quedar atrás na carreira dos móbiles con
Android, e para que os terminais de Samsung non lle fagan sombra vén de lanzar
no Xapón o HTC J Butterfly,
que destaca por ser o primeiro smartphone do mundo cunha pantalla de 5 polgadas
en Full HD (1.080p). Este terminal é exclusivo do operador móbil nipón KDDI, e dende
HTC aseguran que para o resto do mundo lanzarán terminais equivalentes en
breve.
O HTC J Butterfly presume de estrear panel Super LCD 3 cunha definición de 440
pÃxeles por polgada (superando sobradamente os 326 dpi da pantalla Retina do
iPhone 5), funciona con Android 4.1 con Sense 4+, procesador Snapdragon S4 Pro
de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno
ampliable mediante microSD, cámaras de 8 e 2,1 MpÃxeles, Beats Audio, Wi-Fi N,
Bluetooth 4.0, NFC, LTE, baterÃa de 2.020 mAh, un grosor de 9,1 milÃmetros e
140 gramos de peso, caracterÃsticas que o converten nun dos móbiles máis
avanzados do mercado, do que agardamos que chegue pronto un equivalente
internacional.
VÃdeo de presentación do HTC J Butterfly