HTC estrea smartphone 4G en Corea do Sur

mércores, 21 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Polo momento, este novo móbil só está dispoñible en Corea do Sur

HTC presentou hoxe o que promete ser o primeiro smartphone LTE en comercializarse en Corea do Sur, o HTC Raider 4G, que funciona con Android 2.3 con HTC Sense 3.0, ten un procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de memoria interna, pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 540 x 960 píxeles, cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles (podendo gravar vídeo en alta definición a 1.080p), Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, GPS, unhas medidas de 128,8 x 67 x 11,27 milímetros e un peso de 163,8 gramos.
Grazas á conectividade LTE este novo móbil sería capaz de descargar a unha velocidade de 100 Mbps e subir información a 50 Mbps, mentres que mediante HSPA pode transferir información a 21/5,76 Mbps.


Vídeo de presentación do HTC Raider 4G

O novo móbil pode tomar fotografías de 8 Mpíxeles e gravar vídeo a 1.080p

PUBLICIDADE