HTC lanza un novo smartphone da liña Desire

xoves, 14 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Nos últimos anos HTC perdeu toda a relevancia entre os smartphones de gama alta, pero a súa gama económica baixo a marca Desire parece querer ter algo de presenza no mercado, e así presentan o novo HTC Desire 19s, smartphone que sairá á venda en Taiwán a un prezo de 5.990 dólares taiwaneses (uns 178 euros), aínda que cunhas prestacións propias de móbiles bastante máis económicos.
O HTC Desire 19s funciona cun procesador MediaTek Helio P22, 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), pantalla de 6,2 polgadas con resolución de 1.520 x 720 píxeles, cámara traseira tripla (de 13, 5 e 5 Mpíxeles con gravación de vídeo Full HD), cámara frontal de 16 Mpíxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 5, NFC, toma para auriculares e batería de 3.850 mAh, que chega con Android 9 Pie e HTC Sense, prestacións coas que competiría con móbiles como o Redmi 7A que na China véndese por 599 iuans (78 euros), o que fai que non poida auspiciarse moita sorte comercial ao novo Desire.

Vídeo promocional do HTC Desire 19s

PUBLICIDADE