HTC mellora a súa gama media de smartphones co Desire 600 dual sim
xoves, 23 de maio do 2013
HTC
anunciou hoxe un novo móbil de gama media, o HTC Desire 600 dual
sim, o primeiro smartphone da compañÃa nesta categorÃa en integrar HTC
Sense 5, HTC BlinkFeed e HTC BoomSound, prestacións que xa podÃan verse no
HTC One e que agora chegan a este terminal máis modesto, aÃnda que tampouco
falamos dun dispositivo de baixas prestacións, pois o novo smartphone funciona
cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM e
8 Gb de almacenamento interno.
O HTC Desire 600 dual sim conta cunha pantalla Super LCD2 de 4,5 polgadas de
960 x 540 pÃxeles, cámaras de 8 e 1,6 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetootn 4.0, NFC e
baterÃa de 1.860 mAh; ten un grosor de 9,26 milÃmetros e un peso de 130 gramos.
No que respecta ao seu funcionamento con dúas tarxetas SIM cómpre destacar que
o formato de tarxeta móbil que acepta é o microSIM e ambas tarxetas poden
funcionar á vez, ou sexa, que pódese recibir unha chamada nunha liña aÃnda que
a outra estea en uso.