HTC presenta un novo móbil económico con Beats Audio

martes, 18 de xuño do 2013 Marcus Fernández

HTC xa ten un novo smartphone pensado como dispositivo de entrada, trátase do HTC Desire 200, que cun prezo asumible busca satisfacer as necesidade da meirande parte de usuarios, ofrecendo como valor engadido uns auriculares de calidade e a tecnoloxía Beats Audio, polo que consegue unha boa reprodución musical, algo pouco habitual en dispositivos desta gama.
O HTC Desire 200 deixa ver as súas limitacións nun procesador Qualcomm Snapdragon S1 a 1 GHz, os seus 512 Mb de RAM e o seu almacenamento interno de 4 Gb (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb) así como na súa pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles e na súa batería de 1.230 mAh. Tamén conta con cámara de 5 Mpíxeles (con tecnoloxía de recoñecemento de sorrisos e a posibilidade de compartir as imaxes nas redes sociais con só premer un botón), Bluetooth 4.0 e Wi-Fi N, de aí que moitos usuarios estean máis que conformes con este terminal que conta entre o seu software coa aplicación HTC Data Manager, que permite monitorizar o uso de datos dende o móbil, o que resulta de grande utilidade para saber cando podemos empregar a nosa conexión de banda larga móbil sen exceder os límites contratados.

PUBLICIDADE