Halo 4 chegará ao mercado o 6 de novembro

mércores, 18 de abril do 2012 Marcus Fernández

O éxito da Xbox 360 de Microsoft nos EE.UU. está indisolublemente ligado á franquía Halo, e finalmente será posible comezar a contra atrás para a súa nova entrega, Halo 4, que chega máis de 4 anos despois de Halo 3 e que está a ser desenvolvida por por 343 Industries (en vez de por Bungie). Deste xeito o 6 de novembro chegará a todo o mundo a nova aventura do Xefe Mestre, que terá lugar 4 anos despois de Halo 3 e que volverá a enfrontarse a unha ameaza maléfica que pon en perigo o destino de todo o universo.
Comezará así un novo arco argumental (que responderá ao nome de Triloxía do Reclamador) desta franquía que vendeu máis de 40 millóns de copias en todo o mundo e que incluso inspirou novelas, comics, curtametraxes e todo tipo de mercadotecnia que reflicte o fenómeno que supón Halo, marca que case é un sinónimo de xogo en liña para moitos amantes dos shooters.


Divertido vídeo no que anuncian a data de lanzamento de Halo 4

Halo 4 inaugurará unha nova triloxía


Numerosos detalles sobre o xogo amosados por Game Informer

PUBLICIDADE