Halo Infinite contará con pantalla partida para 2 xogadores
luns, 27 de xullo do 2020
O xogo que Microsoft quixo empregar durante o Xbox
Game Showcase como estandarte das súas vindeiras producións foi Halo
Infinite, que busca converterse no grande exemplo do que será capaz a vindeira
xeración de consolas de videoxogos, e que, se deixamos de lado as súas
posibilidades gráficas e o grande tamaño que poderán ter os seus mapas, terÃa
interesantes detalles relativos aos seus modos multixogador.
Nos últimos dÃas xurdiron comentarios sobre os da pantalla partida durante o
multixogador, algo que cada é menos frecuente, pero que agradecen moitÃsimos
usuarios, e finalmente detallan que aÃnda que será posible xogar campañas
cooperaitvos en liña de até 4 xogadores, a
funcionalidade de pantalla partida estarÃa limitada a 2 xogadores en local,
ou sexa, que facilitarase a posibilidade de que dous usuarios xoguen ao mesmo
tempo dende a mesma consola, o que para moitos é un grande incentivo, xa que
fomenta a socialización en persoa que cada vez é menos frecuente nos videoxogos
e tende a quedar relegada a tÃtulos de corte familiar.
Halo Infinite será unha das entregas de Halo con máis cambios,
tanto a nivel técnico como xogable, en boa medida polo seu crecemento en
escala, o que transforma o xeito de xogar. Aseguran que o escenario no que
transcorrerá Halo Infinite será varias veces maior que os contornos dos
dous últimos Halo xuntos.
Demostración de 8 minutos de Halo Infinite