Halo Infinite non contará con todos os seus modos de xogo de saÃda
venres, 20 de agosto do 2021
AÃnda
que estaba previsto que o xogo Halo Infinite fose un dos xogos de
lanzamento das consolas Xbox de nova xeración, numerosos
atrancos no seu desenvolvemento levou a que se adiase o tÃtulo, e aÃnda que
o feito de que Microsoft
anunciase que o xogo estarÃa listo para a campaña de Nadal daba a entender
que a situación volveu ao rego, pero 343 Industries confirma que aÃnda quedan
moitos atrancos por superar, e como bo signo diso aseguran que Halo
Infinite verá a luz sen campaña cooperativa e modo Forxa.
Aseguran que deixar fóra de Halo Infinite
estes dous modos de xogo foi unha decisión difÃcil de tomar, pero que precisaban
máis tempo para pulilas, optando por lanzar o xogo nas mellores condicións
posibles, de xeito que os modos de xogos secundarios irán incorporándose
paulatinamente. Prevese que o xogo chegue inicialmente cos seus modos
principais (campaña para un xogador e modo multixogador free-to-play),
para recibir na súa segunda tempada (previsiblemente tres meses despois) a
campaña cooperativa e, na terceira tempada (outros tres meses despois), o modo
Forxa.
O que poderiamos definir como lanzamento progresivo de Halo Infinite
é unha decisión bastante complicada para os responsables do xogo, pero a
alternativa poderÃa ser bastante peor, xa que seguir adiando o lanzamento poderÃa
ser frustrante para os seareiros da franquÃa Halo, mentres que lanzar o
xogo nun estado pouco maduro poderÃa rematar parecéndose ao que aconteceu con Cyberpunk
2077, xogo que aÃnda non conseguiu acadar un nivel digno, situación que unha
marca insignia de Xbox non pode permitirse.
VÃdeo no que dan conta dos recortes que están a facer en Halo Infinite de cara ao seu lanzamento