Halo Wars 2 estrea a súa beta multixogador para Xbox One e PC

venres, 20 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Dende hoxe e até o 30 de xaneiro está dispoñible a versión de proba do xogo de estratexia en tempo real Halo Wars 2, que podemos descargar de balde para Xbox One e para Windows 10, xa que estamos ante un xogo co selo Xbox Play Anywhere, de xeito que pode xogarse e incluso continuarse as partidas de xeito indistinto entre consola e ordenador, o que é un interesante incentivo para a compra en dixital do xogo completo que sairá á venda o 21 de febreiro.
A beta de Halo Wars 2 limítase a modo multixogador Blitz, que supón unha interesante alternativa á estratexia en tempo real tradicional, ofrecendo unha experiencia de xogo baseada en mazos de naipes. A versión de demostración de Blitz permite así comprobar como funciona esta modalidade en enfrontamentos de xogador contra xogador, mentres que o xogo final tamén terá un modo no que será posible un enfrontamento do xogador contra o contorno.

Tráiler da beta

PUBLICIDADE