Halo Wars estrea demo para Xbox 360
xoves, 5 de febreiro do 2009
Dende hoxe os
usuarios da Xbox 360 poden descargar
a versión de demostración do xogo Halo Wars que
chegará ás tendas o vindeiro dÃa 27, e que é unha imporante aposta de Microsoft
Game Studios para o que contou con Ensemble Studios, grupo de desenvolvemento
responsable da mÃtica saga Age of Empires
e que con este tÃtulo ambicioso chega ao seu derradeiro traballo.
Este xogo exclusivo para Xbox 360 aproveita a forza da franquÃa de Halo (que xa deu 3 xogos de acción en
primeira persoa e achegará o 4º nos vindeiros meses) para intentar adaptar a
mecánica de xogo de estratexia en tempo real aos controis dunha consola de
videoxogos (o que sempre é todo un reto, pois este xénero deseñouse pensando no
seu uso cun teclado e un rato).
A demo de Halo Wars permite probar as
primeiras misións do modo campaña do xogo, resultando ideal para comprobar se
paga a pena a adquisición do xogo final cando chegue ás tendas nas súas edicións
normal e de
coleccionista.
Trailer de Halo Wars