Haze decepciona ao público

mércores, 4 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Cando un xogo cun presuposto comparable ao dunha produción cinematográfica chega ao mercado cunha oferta campaña publicitaria prometendo superar aos xogos de acción en primeira persoa que hai ata o momento un agarda un super-éxito, pero o prometido non sempre se axusta á realidade, e tal é o caso de Haze, un xogo para PS3 que prometía superar á saga de Halo non podía aterrar peor.
Para comezar, o xogo non é realmente de alta definición, pois a súa resolución é de 576 liñas en progresivo (e non chega ás 720 liñas mínimas para que entre dentro desta categoría gráfica) e, para rematar de liala, precisa dunha instalación de 4 Gb para funcionar, unha práctica que molesta especialmente aos usuarios, que apostaban pola consola entre outras cousas pola simplificación do xogo con respecto das versións para PC.

As críticas a Haze tamén se representaron graficamente

Pero se obviamos o nivel gráfico, o xogo non queda peor, e chega con visitar calquera foro sobre videoxogos para ler adxectivos moi negativos asociados ao xogo de Free Radical e Ubisoft. Obxectivamente estariamos ante un título máis que aceptable, pero ao pretender ser un blockbuster decepciona completamente, que comete fallos tan graves coma facer que os inimigos que eliminamos desaparezan dos escenarios por arte de maxia.
Como elemento positivo pódese destacar que o xogo está dobrado ao español e que se poden emprender campañas cooperativas de ata 4 xogadores á vez.

PUBLICIDADE