Heroes of Ruin levará o rol de acción á Nintendo 3DS o 15 de xuño

luns, 23 de abril do 2012 Marcus Fernández

Tras unha fin de semana no que a beta do xogo Diablo III puido probarse de balde puidemos coñecer que o que moitos considerarían como a súa versión móbil, Heroes of Ruin, chegará a Europa o vindeiro 15 de xuño en exclusiva para a Nintendo 3DS. Este xogo de rol de acción de Square Enix e o estudo n-Space non só incluirá os contidos cos que vén do trinque, senón que tamén contará con numeroso contido descargable de balde.
Con este xogo dá a impresión de que os amantes dos action-RPG están de sorte, pois en maio terán o Diablo III para PC, Torchlight II tamén chegará na súa versión para PC ao longo do presente ano (estando a primeira entrega dispoñible tamén para Mac OS X e Xbox 360) e con Heroes of Ruin incluso poderase levar este tipo de xogo a calquera lugar contando incluso cun modo multixogador de 4 xogadores, do que xa podemos facernos unha idea grazas ao seguinte vídeo:

Os seareiros de Diablo e Torchlight poderán gozar dun xogo semellante na 3DS grazas a Heroes of Ruin

PUBLICIDADE