HiCan: a cama máis audiovisual
martes, 4 de agosto do 2009
A xente que guste de ver a televisión na cama, ou mesmo gozar de videoxogos
sen erguerse, pode alucinar ao ver unha solución tecnolóxica realmente
sorprendente, pois a cama HiCan non só permite
descansar confortablemente, senón que tamén integra un equipo de son, luces
para ler, un ordenador persoal e un equipo de proxección para a consola de
videoxogos, de xeito que presenta
aos pés da cama unha pantalla de 32 polgadas, todo iso nun único modulo cun
deseño moi moderno.
Teriamos asà un dispositivo que tanto serve para navegar pola Internet, botar
unha partida aos nosos xogos favoritos ou gozar dunha pelÃcula, aÃnda que non
coñecemos o prezo ao que se venderá este produto de luxo.
Presentación da impresionante cama HiCan