Hitachi achega a Europa o seu lector de veas

martes, 24 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Hitachi mellora a seguridade mediante a identificación biométrica cunha tecnoloxía que en vez de analizar as pegadas dixitais explora as veas dos dedos dos usuarios para diferencialos (medida aínda máis segura que as pegadas dixitais, principalmente por ser máis difícil de duplicar).
A tecnoloxía de VeinID poderase incorporar ós ordenadores persoais cun novo dispositivos que xa chega a Europa, e do que agardan vender 10.000 unidades ó ano.
Para complementar ó novo periférico, Hitachi tamén vén de liberar un paquete de desenvolvemento de aplicacións informáticas para programar aplicacións que empreguen este tipo de periféricos.

PUBLICIDADE