Hogwarts Legacy convida a vivir aventuras no mundo máxico de Harry Potter

venres, 10 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Por fin sae oficialmente Hogwarts Legacy, un dos xogos máis agardados dos últimos anos, por ser un título ambientado no universo de Harry Potter, que permite vivir a experiencia de ser alumno da escola de Hogwarts tal e como aparece nos libros e películas desta franquía tan enraizada entre a xente moza, de aí que claramente esteamos ante un éxito instantáneo.
Este novo xogo de Portkey Games, Avalanche Software e Warner Bros. Games, chega con versións para PC, PS5 e Xbox Series X|S (con previsión de ter pronto versións para PS4, Xbox One e Nintendo Switch), de xeito que millóns de xogadores de todo o mundo poden achegarse a este título que se describe como un xogo de rol inmersivo de mundo aberto ambientado no século XIX (ou sexa, antes dos feitos acontecidos na saga de Harry Potter) no que encarnar a un alumno da famosa escola de maxia, para vivir así toda unha aventura neste atractivo mundo máxico.
Os inicios de Hogwarts Legacy resultan moi prometedores, con críticas moi positivas da prensa especializada, unha boa recepción por parte dos xogadores, e no caso da tenda dixital Steam, achegándose aos 700 mil xogadores simultáneos.

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE