Hokuto no Ken lideras as vendas de videoxogos no Xapón

luns, 5 de abril do 2010 Marcus Fernández

Hokuto no Ken, o manga/anime tamén coñecido coma Puño de Estrella del Norte, chegará este verán a Europa en forma de videoxogo para Xbox 360 e PlayStation 3, e coma adianto do seu éxito temos que o seu lanzamento no Xapón non podería ir mellor, colocándose á cabeza das ventas, superando a Yakuza 4 (PS3), Pokémon Ranger (Nintendo DS) e New Super Mario Bros Wii, sumando 385 mil unidades para PS3 e 30 mil para Xbox 360 (facéndose cos postos 1º e 7º da listaxe de vendas).
En vista destas fortes vendas o lanzamento europeo deste novo beat’em up queda máis que asegurado, aínda que no noso territorio debería ter uns resultados máis modestos, posto que a franquía de Hokuto no Ken é pouco popular internacionalmente (pese a que xa conta con bastantes adaptacións en forma de videoxogo).

PUBLICIDADE