Hollywood Monsters 2 chegará ás tendas o vindeiro dÃa 16
mércores, 1 de xuño do 2011
O vindeiro 16 de xuño
chega ás tendas da man de FX Interactive o xogo de Pendulo Studios Hollywood Monsters 2, e para
celebralo, ata o tal data será posible descargar de
balde o xogo Runaway – A Road Adventure,
desenvolvido pola mesma compañÃa.
Hollywood Monsters 2 é unha
superprodución que introduce a tecnoloxÃa Cartoon
Shading, baseada en técnicas de cine de animación, o que combinado co feito
de poder xogarse a este tÃtulo en alta definición, temos unha obra que poderÃa
definirse como de nova xeración, que
tamén goza dunha dobraxe de luxo en español,
con actores como os que interpretan a Christian Bale en Batman Begins, Jessica Alba en Sin
City (ambos nos papeis protagonistas) e Tyrion Lannister na serie
televisiva Juego de Tronos.
Aparte da excelente dobraxe ao español, o xog tamén contará cun completo manual
a toda cor, unha GuÃa Oficial para
consultar en caso de atascarse no
xogo e incluso un servizo de atención ao cliente en español (que inclúe pistas
por teléfono), todo iso por un prezo de só 19,95 euros.
- O xogo fai uso da tecnoloxÃa Cartoon Shading que dálle unha aparencia propia do cine de animación
VÃdeo de introducción do xogo