Honor 9, a alternativa económica ao Huawei P10

luns, 12 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Nos últimos meses o Huawei P10 converteuse nun smartphone moi a ter en conta, pola súa aposta por cámaras de calidade e especificacións bastante completas, pero curiosamente a marca máis modesta do mesmo fabricante podería estar a eclipsalo, xa que en China veñen de anunciar o novo Honor 9, e trátase dun teléfono parello ao flagship de Huawei, pero cun prezo moi axustado.
O Honor 9 é un smartphone cun procesador Kirin 960, 4/6 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento, dobre cámara traseira (de 20 e 12 Mpíxeles), pantalla Full HD de 5,15 polgadas, lector frontal de pegadas dixitais, son de alta fidelidade, sistema operativo Android 7 coa capa EMUI 5.1, unha batería de 3.200 mAh e carcasa en 4 cores distintas (negra, azul, dourada e gris) que podería rivalizar claramente co P10 pese a ter un prezo inferior. Concretamente o Honor 9 con 4 GB de RAM venderase a 2.299 iuans (302 euros), as versións con 6 GB de RAM e 64 e 128 GB de almacenamento venderanse a 2.699 e 2.999 iuans respectivamente (354 e 394 euros), prezos moi afastados do 649 euros aos que saíu á venda o Huawei P10 hai un par de meses no seu modelo con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento (aínda que agora podemos atopalo a un prezo e entre 459 e 549 euros.

PUBLICIDADE