Horizon Forbidden West para PS4 poderá actualizarse de balde a PS5

luns, 6 de setembro do 2021 Marcus Fernández

O anuncio das distintas versións coas que chegaría ao mercado o xogo Horizon Forbidden West anoxou aos xogadores de todo o mundo polo detalle de que para poder conseguir unha versión para PlayStation 4 que puidese actualizarse a PlayStation 5 houbese que pagar como mínimo 89,99 euros, mentres que a versión para PS4, que custa 69,99 euros, non permitiría a actualización a PS5, pese a que Sony manifestara o contrario.
Ante o malestar xerado, e o temor de que iso puidese prexudicar seriamente ás vendas do xogo, por considerar os consumidores inaceptables este tipo de prácticas comerciais, dende Sony decidiron rectificar, e anuncian que finalmente os usuarios que merquen Horizon Forbidden West para PlayStation 4 recibirán de balde a actualización á versión para PlayStation 5.
Pero a cousa non queda aí, senón que o presidente e director executivo de Sony Interactive Entertainment, Jim Ryan, confirmou que no futuro, os títulos exclusivos de PlayStation que sexan interxeneracionais, tanto en dixital como en físico ofrecerán a opción de actualización dixital de PS4 a PS5 por 10 euros, o que aplicarase ao vindeiro God of War e a Gran Turismo 7.

O adiamento de Horizon Forbidden West provocou unha colisión coa nova política de actualizacións que vai aplicar Sony, e que por fin clarexan

PUBLICIDADE