Horizon Zero Dawn será de balde para animar aos xogadores a quedar na casa

mércores, 17 de marzo do 2021 Marcus Fernández

En abril de 2020 Sony botou a andar a iniciativa Play At Home coa que agasallaba xogos de PlayStation 4 coa intención de facer máis doado de levar o confinamento doméstico, achegando grandes títulos como as primeiras tres entregas de Uncharted e Journey, e esta primavera repiten a xogada ofrecendo unha chega de xogos independentes e para PlayStation VR a partir do vindeiro día 25, aos que engadirase o 19 de abril un xogo de primeira liña, Horizon Zero Down na súa edición completa.
Dos xogos independentes que comezarán a ofrecerse dentro da iniciativa Play At Home temos o fermoso ABZÛ¸ Enter the Gungeon, o moi recoñecido Rez Infinite, Subnautica e o orixinal The Witness; no que a xogos para PlayStation VR se refire temos o xa clásico Astro Bot Rescue Mission, o cativador Moss, o frenético Thumper e o curioso Paper Beast.

O programa Play At Home recibirá estes días unha boa selección de xogos de balde

PUBLICIDADE