Horn, a nova aventura de acción que chega este mes a iOS e Android

luns, 6 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O avance das plataformas móbiles como alternativa sólida aos videoxogos tradicionais continúa a paso firme, e como grande expoñente desta revolución teremos este mes Horn, xogo de Phosphor Games Studio que publicará Zynga e que chegará para iOS e Android amosando uns gráficos impresionantes (facendo uso do Unreal Engine) dentro dunha historia de fantasía cunha duración dunhas 10 horas, o que parece máis propio dunha consola doméstica que dun xogo para smartphone ou tablet.
Horn é o nome dun aprendiz de ferreiro que esperta para descubrir que a súa vila está ateigada de monstros que resultan ser os habitantes e animais da vila transformados por unha maldición que este rapaz deberá desfacer combatendo e solucionando quebracabezas nunha aventura bastante clásica, tinguida con certos toques de humor.
Para facernos unha mellor idea do nivel que achegará Horn aos nosos dispositivos móbiles podemos botar un ollo ao seu novo trailer:

O nivel gráfico de Horn está a altura de moitos xogos de consola doméstica

PUBLICIDADE